7 Non ocorre así co meu servo Moisés, que é fiel entre todos os da miña casa.
Díxolle Iavé a Satán: —"Xa reparaches no meu servo Xob? Home coma el non o hai no mundo, íntegro e xusto, temeroso de Deus e arredado do mal".
Mandou El ó seu servo Moisés e ó seu elixido Aharón,
O Señor falaba con Moisés cara a cara, coma un home co seu amigo. Despois Moisés volvía para o campamento; pero o seu servidor Xosué, fillo de Nun, non se ía da Tenda.
Tede por seguro que non naceu de muller ninguén meirande ca Xoán Batista, aínda que o máis pequeno no Reino dos Ceos é meirande ca el.
Pois logo, a que saístes?: a ver un profeta? Si, e abofé que moito máis ca un profeta.
Moisés, vendo isto, ficou admirado coa aparición. O se achegar para ver, sentiuse a voz do Señor:
Ora, o que se lles pide ós administradores é que sexan de fiar.
Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu lle mande,
Morreu alí Moisés, o servo do Señor, no país de Moab, conforme á declaración do Señor.
Por se tardar rógoche que saibas comportarte como convén na familia de Deus, que é a Igrexa do Deus vivo, columna e alicerce da verdade.
Despois da morte de Moisés, servo de Deus, díxolle o Señor a Xosué, fillo de Nun, servo de Moisés:
—"O meu servo Moisés morreu; así que agora, érguete, e pasa o Xordán con todo este pobo, cara ó país que eu lles dou a eles, ós fillos de Israel.