Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 12:6 - Biblia SEPT

6 e díxolles El: —"Escoitade ben as miñas palabras! Se entre vós hai algún profeta, eu, o Señor, en visión revélome a el, e fálolle en soños.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 12:6
50 Iomraidhean Croise  

Despois disto Abram oíu en visión palabra do Señor: —"Non teñas medo, Abram. Eu son para ti un escudo. O teu pago será moi grande".


Agora vólvelle a muller a seu home que é profeta, e el pregará por ti para que vivas. Pero se non lla volves, ten por certo que morrerás, ti e todos os teus".


No soño que tivo viu unha esqueira afincada na terra e co cimo tocando o ceo; por ela subían e baixaban os anxos de Deus.


O espertar do soño dixo Xacob: —"Abofé que está o Señor neste lugar, e eu non o sabía".


Xosé tivo un soño e contóullelo ós irmáns, polo que estes o aborreceron aínda máis.


Tivo Xosé outro soño e contóullelo tamén ós irmáns. Tiven estoutro soño: —"O sol, a lúa e once estrelas prostrábanse diante de min".


Nunha visión, de noite, Deus chamou a Israel: —"Xacob! Xacob!" El respondeu: —"Aquí estou".


Pero aquela mesma noite veulle a Natán esta palabra do Señor:


Espertou Salomón e viu que tivera un soño. Volveu para Xerusalén e presentouse diante da Arca da Alianza do Señor. Ofreceu holocaustos e sacrificios de comuñón, e convidou ó banquete a todos os seus servidores.


En Gabaón aparecéuselle Deus, no soño da noite, a Salomón e díxolle: —"Pídeme o que queiras".


Nos soños, na visión nocturna, cando cae o sopor sobre os homes ó durmiren no seu leito,


nun pesadelo, nas visións noitébregas, cando cae o sopor sobre os homes.


Non toquedes os meus unxidos, non fagades mal ós meus profetas.


O Señor é o noso escudo, o santo de Israel o noso rei.


O Señor díxolle a Moisés: —"Voute pór no lugar de Deus para o faraón, e teu irmán Aharón será o teu profeta.


Escoitei o que din eses profetas que profetizan mentiras no meu Nome, cando claman: "Tiven un soño profético, tiven un soño".


O profeta que ten un soño, que conte o seu soño; e o que recibe a miña palabra, que a proclame con exactitude. Que ten que ver a palla co gran? —é o Señor quen fala—.


Desde os trinta anos, no día quinto do mes cuarto, cando eu me atopaba entre os deportados onda o río Quebar, véuseme abrindo o ceo e veño tendo visións de Deus.


Falareilles ós profetas, e eu mesmo lles multiplicarei as visións e por medio dos profetas falarei en parábolas".


Despois disto sucederá que verterei o meu Espírito sobre toda carne, e os vosos fillos e mais as vosas fillas converteranse en profetas. Os vosos anciáns soñarán soños, os vosos mozos verán visións.


Tiven unha visión durante a noite e velaí un home montado nun cabalo vermello. Estaba de pé entre os mirtos, que teñen as raíces nas profundidades, e detrás del había cabalos vermellos, cardosos e brancos.


oráculo de quen oe as palabras de Deus, de quen ve as visións do Todopoderoso; que cae e se lle abren os ollos.


Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo.


En morrendo Herodes, o anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé en Exipto


De xeito que contra vós mesmos testemuñades que sodes os fillos dos que asasinaron ós profetas.


Porque, ollade, eu mándovos profetas, sabios e letrados; a uns matarédelos e crucificarédelos, e a outros flaxelarédelos nas sinagogas, perseguíndoos de cidade en cidade.


Xerusalén, Xerusalén, que matas os profetas e apedras os que che son enviados! Cantas veces quixen aconchegar os teus fillos, como a galiña aconchega os seus pitiños baixo as súas ás, e non quixeches!


Mentres estaba sentado no tribunal, a súa muller mandoulle a dicir: Deixa en paz a ese xusto, que hoxe sufrín moito en soños por cousa del.


Nisto, á dereita do altar do incenso, de pé, aparecéuselle un anxo do Señor.


Cando por fin saíu, sen lles poder falar, comprenderon que tivera algunha visión no Santuario. El facíalles acenos, permanecendo mudo.


Pero se lle respondemos: dos homes, a xente toda vainos correr a pedradas, porque está convencida de que Xoán era un profeta".


viu o ceo aberto e como un gran lenzo, que, pendurado polas catro puntas, baixaba cara á terra.


Estaba Pedro moi sorprendido cavilando que quería dicir aquela visión que tivera, cando os homes mandados por Cornelio, ó acertaren coa casa de Simón, presentáronse na porta


E a uns fíxoos apóstolos; a outros, profetas; a outros, mensaxeiros do Evanxeo; e a outros, pastores e mestres,


A un profeta coma min farao xurdir o Señor, o teu Deus, no medio de ti, de entre os teus irmáns. Facédelle caso,


Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu lle mande,


En moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados ós nosos devanceiros por medio dos profetas.


Os habitantes da terra alegraranse e brincarán de alegría e mandaranse regalos uns ós outros, porque aqueles dous profetas atormentaran os habitantes da terra".


Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.


Xaúl consultou o Señor, pero o Señor non lle respondeu nin por soños, nin polas sortes, nin por profetas.


Samuel seguiu deitado ata a mañá, cando tiña que abrir as portas da casa do Señor. Samuel tiña medo de contarlle a Elí a súa visión.


O Señor seguiu revelándose en Xiloh, pois era alí onde se revelaba pola súa palabra a Samuel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan