Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 12:2 - Biblia SEPT

2 Dixeron: —"Por ventura o Señor lle falou a el só? Non nos ten falado tamén a nós? E chegou isto ós oídos do Señor".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 12:2
22 Iomraidhean Croise  

Quedou de novo embarazada, deu a luz outro fillo e exclamou: —"O Señor oíu que era aborrecida e deume estoutro". E púxolle de nome Simeón.


Pasado o tempo do loito, David mandou que viñese á súa casa e tomouna por muller. Ela deulle un fillo. Pero a acción de David non compraceu ó Señor.


Quizais o Señor, o teu Deus, escoitou as palabras do copeiro maior, a quen o seu amo, o rei de Asiria, mandou para aldraxar o Deus vivo, e quizais o castigue o Señor, teu Deus, polas palabras que escoitou. Ti reza por este resto que queda aínda".


O Señor enfadouse con Moisés e díxolle: —"Non está aí teu irmán Aharón, o levita? Eu sei que el é un home de palabra fácil. El sairá ó teu encontro e alegrarase de verte.


Aharón referíullelo que o Señor lle dixera a Moisés, e este fixo á vista do pobo os sinais.


Moisés e Aharón presentáronse ó faraón para lle dicir: —"Isto di Iavé, o Deus de Israel: Deixa saír o meu pobo, para que celebre a miña festa no deserto".


Moisés e Aharón entraron onda o faraón e fixeron o que o Señor lles tiña ordenado. Aharón botou a vara diante do faraón, e converteuse en serpe.


O testalán fai xurdir liortas coa súa fachenda, a sabedoría está cos que se aconsellan.


Quizais o Señor, o teu Deus, oíu as palabras do ministro do tesouro que o rei de Asiria mandou para insultar o Deus vivente e o queira castigar polas palabras que o Señor, o teu Deus, escoitou. Fai, pois, subir unha oración polo resto que aínda queda".


Si, fíxente subir do país de Exipto, e rescateite da escravitude, e mandei á túa fronte a Moisés, a Aharón e a Miriam.


Aconteceu que o pobo comezou a queixarse a oídas do Señor. Oíuno o Señor, e alporizouse. O lume do Señor acendeuse contra aquel, e devorou un extremo do campamento.


Mais Moisés respondeulle: —"Tes celos por min? Quen dera que todo o pobo do Señor fosen profetas, e que o Señor lles dese o seu espírito!"


Era Moisés un home moi humilde, máis ca todos os homes que había na terra.


Subleváronse contra Moisés e contra Aharón, e dixéronlles: —"Xa é abondo! Toda a comunidade é santa, todos eles o son, e no medio deles está o Señor. Por que vos elevades vós sobre a comunidade do Señor?"


sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua;


En virtude da graza que se me deu, dígovos, por tanto, a todos e a cada un de vós: que ninguén se teña por máis do que convén, senón que un se teña no que se debe ter, conforme á medida da fe que Deus lle deu a cadaquén.


Facede todas as cousas sen rosmar nin discutir,


Non fagades nada á retesía nin por fachenda. Que cadaquén pense humildemente que os outros son máis ca el.


Tamén os mozos habedes ser ben guiados cos responsables. No trato cos demais revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque Deus oponse ós soberbios, pero concédelles a graza ós humildes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan