Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 12:13 - Biblia SEPT

13 Moisés clamou ó Señor: —"Ou Deus, por favor, cúraa!"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 12:13
23 Iomraidhean Croise  

E a oración feita na fe salvará o enfermo; o Señor fará que se erga e, se tiver pecados, perdoaránselle.


Non te deixes vencer polo mal, senón vence o mal a forza de ben.


bendicide ós que vos maldín e rogade polos que vos calumnian;


Xesús dicía: Meu Pai, perdóaos que eles non saben o que fan. E, botando á sorte, repartiron a roupa del.


Sándame, Señor, e quedarei san, sálvame e quedarei salvo: para ti é a miña loanza.


Entón a luz da lúa será coma a luz do sol e a luz do sol será sete veces maior, cando o Señor sande a ferida do seu pobo e cure a chaga do seu castigo.


—"Pésame ter feito rei a Xaúl, pois anda afastado de min e non cumpre as miñas ordes". Samuel entristeceuse e pasou toda a noite clamando perante o Señor.


En canto a min, líbreme Deus do pecado de deixar de pregar por vós e de mostrarvos o bo camiño.


Todos os fillos de Israel murmuraron contra Moisés e Aharón, e toda a xente dicía: —"Oxalá morrésemos no país do Exipto! Oxalá morrésemos neste deserto!


E posto de xeonllos, berrou con voz forte: "Señor, non lles teñas en conta este pecado!" Dito isto, adormeceu para sempre.


Abraham intercedeu, e Deus sandou a Abimélec, á súa muller e ás súas concubinas, e puideron ter fillos outra vez,


Díxolle o Señor: —"Mete outra vez a man no seo". El meteuna e, ó sacala, viu que estaba coma o resto do seu corpo.


O pobo clamou entón a Moisés; Moisés orou ó Señor, e o lume apagouse.


Rógoche que non sexa ela coma o nacido morto, que ó saír do ventre de súa nai ten xa consumida a metade da súa carne!"


Eu lóote, Señor, que me liberas e non deixas que o inimigo faga riso de min.


O Señor socorrerao no leito da dor, aliviarao na súa enfermidade.


Díxolles: —"Se obedecedes ó Señor, o voso Deus, se facedes o que é debido, se cumprides os seus mandamentos e gardades as súas leis, non botarei sobre vós as pragas que botei sobre os exipcios, pois eu son o Señor que cura".


O rei pediulle ó home de Deus: —"Aplaca ó Señor, teu Deus, e rézalle por min, para que sande a miña man". O home de Deus aplacou ó Señor, e a man do rei volveu a ter movemento e quedou coma antes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan