12 Rógoche que non sexa ela coma o nacido morto, que ó saír do ventre de súa nai ten xa consumida a metade da súa carne!"
Ou ben xa coma o aborto non vivise, coma os meniños que non ollan a luz.
Que se eslúan coma a auga que escorre, que cando tiren setas, estean despuntadas.
Díxolle Aharón a Moisés: —"Por favor, meu Señor, non poñas sobre nós este pecado, que neciamente cometemos!
Moisés clamou ó Señor: —"Ou Deus, por favor, cúraa!"
En derradeiro lugar aparecéuseme tamén a min, coma ó nacido á deshora.
E a vós que estabades mortos polos vosos pecados e por non ter circuncidado os vosos instintos, deuvos a vida con el. El perdoounos todos os pecados,
Pero a que se bota á vida do pracer, xa está morta en vida.