A David batíaselle o corazón porque fixera o censo do pobo e díxolle ó Señor: —"Cometín un grave pecado co que fixen. Agora perdoa a iniquidade do teu servo, pois fixen unha loucura".
O rei pediulle ó home de Deus: —"Aplaca ó Señor, teu Deus, e rézalle por min, para que sande a miña man". O home de Deus aplacou ó Señor, e a man do rei volveu a ter movemento e quedou coma antes.
Porque o Señor repasa a terra enteira cos seus ollos para fortalecer ós que lle son leais de corazón. Fixeches unha loucura e de agora en adiante vivirás en guerra".
A Xeremías, o profeta, para lle dicir: Que a nosa súplica sexa ben recibida por ti; reza por nós ó Señor, o teu Deus, por este resto, pois de moitos quedamos uns poucos, como os teus ollos están a ver.
Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.
díxolle a este: —"Pídelle ó Señor, o teu Deus, para que estes teus servos non morramos, pois ós pecados que xa tiñamos, engadimos agora a maldade de pedir un rei".
Por iso, isto di o Señor, Deus de Israel: Eu tíñalles dito á túa familia e á familia do teu pai que servirían no meu santuario para sempre; mais agora, palabra do Señor, que non será. Pois eu honro ós que me honran, pero os que me desprezan veranse desprezados.