Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 12:10 - Biblia SEPT

10 E a nube retirouse da Tenda, e coa mesma María apareceu cuberta de lepra, branca coma a neve. Aharón volveuse para María e viuna leprosa.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 12:10
13 Iomraidhean Croise  

O Señor feriuno coa lepra, e o rei estivo con ela ata a súa morte, vivindo illado na súa casa. O seu fillo Iotam estaba á fronte do pazo e gobernaba o país.


A lepra de Naamán apegaráseche a ti e ós teus descendentes, para sempre". E Guehazí saíu co mal gafo de onda el, dun brancor coma de neve.


As portas de Samaría sentaban catro leprosos, que estaban con esta conversa: —"Que estamos facendo aquí, agardando a morte?


O Señor díxolle aínda: —"Mete a túa man no peito". El meteuna e, ó sacala, viu que estaba coa lepra, branca coma a neve.


Aínda que críen ós seus fillos, eu privareinos de homes. Si, ai deles! cando eu deles me aparte.


—"Manda ós fillos de Israel que boten fóra do campamento a todo leproso, a todo o que padece gonorrea e a todo o contaminado por un cadáver.


E diralles logo ós da súa esquerda: "Arredade de min, malditos; ide para o lume eterno preparado para o Satán e para os seus anxos.


Lembrádevos do que o Señor, o teu Deus, lle fixo a María polo camiño, cando saístes de Exipto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan