8 O pobo espallábase para o recoller; despois moíano ou esmagábano nos morteiros e cocíano nunha ola e facían del tortas dun sabor semellante ó dun pan amasado con aceite.
Moisés respondeulles: —"Iso é o que tiña dito o Señor. Mañá é día de lecer, dedicado ó Señor. Cocede hoxe o que teñades que cocer, guisade o que teñades para guisar, e todo o que vos sobre, gardádeo para mañá".
Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus marcou co seu selo.