Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:4 - Biblia SEPT

4 O xentío alporizado, que ía no medio do campamento, devecía por alimentos, e os fillos de Israel comezaron de novo a chorar dicindo: —"Quen nos dará carne para comer?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:4
16 Iomraidhean Croise  

O coñeceren esta Lei, separaron de Israel a todo home de sangue mesturada.


Déronse no deserto a todos os caprichos, tentaron a Deus na soidade.


Con eles ía tamén unha multitude de xente mesturada, e rabaños de ovellas e de vacas e gando en grande cantidade.


—"Oín as murmuracións dos israelitas. Dilles isto: O anoitecer teredes carne que comer e pola mañá pan a fartar. E saberedes que eu son o Señor, o voso Deus".


Dicían: —"Sequera morrésemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos potes de carne e con pan a fartar! Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a toda esta comunidade".


Isto é que dicides: Resistamos, pois iremos ó país de Exipto, onde nin veremos a guerra, nin escoitaremos a voz da trompeta, nin pasaremos fame de pan e onde viviremos".


E ó pobo diraslle: Santificádevos para mañá, pois comeredes carne, xa que chorastes ós oídos do Señor, dicindo: Quen nos dará carne para comermos? Nós estabamos ben no Exipto! O Señor daravos carne para que comades.


Todo aquel xentío se puxo a berrar, laiándose, e pasou toda a noite chorando.


todos aqueles homes que viron a miña Gloria e os prodixios que fixen no Exipto e no deserto, e me tentaron xa por dez veces, sen escoitaren a miña voz,


É pouco obrigarnos a subir dun país que deita leite e mel, e facernos morrer no deserto, para que, enriba, pretendas tamén señorearte de nós?


En lugar diso vestídevos do Señor Xesús Cristo, e non lles fagades caso ós baixos apetitos.


Isto sucedeu coma un exemplo para nós, a fin de que non teñamos degaros do mal, coma eles os tiveron.


Non vos deixedes enganar, "malas compañías estragan bos costumes".


Logo seguistes enfadando ao Señor en Taberah, en Masah e en Quibrot Hatavah.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan