Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:25 - Biblia SEPT

25 Descendeu o Señor nunha nube e faloulle a Moisés; despois tomou do espírito que había nel e infundíullelo ós setenta anciáns. En canto o espírito repousou sobre eles, puxéronse a profetizar; pero nunca máis o volveron facer.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:25
28 Iomraidhean Croise  

Os fillos dos profetas que había en Xericó vírono desde en fronte e comentaron: —"O espírito de Elías pousou en Eliseo". Entón saíronlle ó encontro, prostráronse diante del


Décheslles o teu bo espírito para que soubesen discernir, e non lles quitaches o maná da súa boca e décheslles auga para a súa sede.


Deus faloulles desde a nube, e eles gardaron as revelacións, os preceptos que lles deu.


Pero rógoche que agora lle perdoes o pecado. E se non, táchame a min tamén do libro onde rexistras".


O Señor baixou na nube e parou alí con el. Moisés pronunciou o nome do Señor.


En todas as súas xeiras os israelitas puideron observar como a nube do Señor pousaba polo día encol do tabernáculo e como pola noite se convertía en lume.


Pero o seu pobo lembrouse das épocas pasadas, de Moisés. Onde está o que os fixo subir do mar xunto co pastor do seu rabaño? Onde está o que puxo no interior do peso o seu Santo Espírito?


E alí, tamén ó arredor, setenta homes dos anciáns da Casa de Israel, con Iezanías, fillo de Xafán no medio deles; estaban de pé cara ás imaxes; cada un tiña o seu incensario na man e o perfume da nube de incenso subía.


Eu baixarei e falarei contigo alí; tomarei do espírito que hai sobre ti e meteréillelo a eles, para que leven contigo o peso do pobo, e non o leves ti só.


e, descendendo o Señor na columna de nube, parou á entrada da Tenda e chamou a Aharón e María. Saíron ámbolos dous


Levantouse Moisés e foi onda Datán e Abiram e seguírono os anciáns de Israel.


Levantou os ollos e viu a Israel acampado por tribos, e o espírito do Señor descendeu sobre el.


O Señor contestoulle a Moisés: —"Escolle a Xosué, fillo de Nun, home no cal reside o Espírito; e impón sobre el a túa man!


Un deles, chamado Agabo, ergueuse e, movido polo Espírito, anunciou que ía haber unha gran fame por toda a terra (foi a que houbo no tempo de Claudio).


e ademais o espírito dos profetas está baixo o control dos propios profetas,


Todo bo regalo e toda dádiva perfecta vén de arriba, do Pai dos luceiros, en quen nin hai cambios nin tempos de sombras.


Porque ningunha profecía se fixo por proxecto de home senón que, sendo homes, falaron de parte de Deus, levados polo Espírito Santo.


E entrou nel o Espírito do Señor, e xulgou a Israel, e saíu á loita, e puxo o Señor nas súas máns a Cuxán—Rixataim, rei de Aram, de xeito que prevaleceu el sobre Cuxán—Rixataim,


Cando entraban en Guibah, encontráronse cunha banda de profetas. Niso entrou en Xaúl o espírito de Deus e púxose a profetizar no medio deles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan