Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:23 - Biblia SEPT

23 O Señor respondeulle a Moisés: —"Por ventura é impotente a man do Señor? Agora vas ver por ti mesmo, se se cumpre ou non a miña palabra!"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:23
21 Iomraidhean Croise  

Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".


O seu servidor preguntoulle: —"Que é isto para cen persoas?". A iso Eliseo respondeu: —"Dállos á xente, e que coman, pois isto di o Señor: comerán e sobrará".


O oficial que daba o seu brazo ó rei para apoio replicoulle ó home de Deus: —"Aínda que abrise Deus fiestras no ceo, pasaría tal cousa?". El respondeulle: —"Halo ver cos teus ollos, pero ti non o probarás".


Tentaron a Deus moitas veces, incomodaron ó Santo de Israel.


O Señor díxolle a Moisés: —"Agora verás o que vou facer co faraón. Forzado por man rexa, deixaravos saír e mesmo vos botará da súa terra".


Por que cando eu cheguei non había ninguén e cando chamei ninguén respondeu? Acaso é a miña man demasiado curta para non rescatar? Acaso non hai en min forza para liberar? Cando eu brúo, fago secar o mar, converto os ríos nun deserto, feden os peixes por falta de auga e morren coa sede.


Velaí a man do Señor: non é tan curta que non poida salvar, nin o seu oído tan duro que non oia,


Por que es coma un que se retira, coma un soldado que non é capaz de salvar? Pero ti, Señor, estás entre nós, e o teu Nome invócase sobre nós, non nos abandones.


—Ai, meu Señor, meu Deus! Ti fixeches o ceo e mais a terra co teu grande poder e co teu brazo estendido, nada hai demasiado difícil para ti.


—Eu, o Señor, son o Deus de todos os homes: acaso hai algo imposible para min?


Pois eu, Iavé, falarei o que teña que falar, unhas palabras que se cumprirán e non se volverán a demorar; si, nos vosos días, Casa Rebelde, falarei unha palabra e cumprireina é o Señor Iavé quen fala.


Eu, o Señor, dixen: Chega a miña ira, e fareino, non o descoidarei, non me apiadarei, nin me compadecerei; serás xulgada conforme o teu comportamento e conforme as túas accións —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


Ese oráculo é para a casa de Xacob? Esgotouse o poderoso Espírito do Señor? Son estes os seus feitos? Acaso non lle prestan ben as súas palabras a quen se comporta rectamente?"


Se se matasen para eles ovellas e bois, serían abondos? Se se xuntasen para eles todos os peixes do mar, seríanlles suficientes?"


Non é Deus home para mentir, nin fillo de home para que se poida desdicir. É El quen di e non fai, ou quen fala e non cumpre?


Mirando para eles fixamente, díxolles: Si, para os homes é imposible; pero para Deus todo é posible.


O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.


que para Deus non hai imposibles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan