Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:2 - Biblia SEPT

2 O pobo clamou entón a Moisés; Moisés orou ó Señor, e o lume apagouse.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:2
23 Iomraidhean Croise  

Deus falou de destruílos, se non fose por Moisés, o seu elixido, que se puxo na brecha diante del, para arredalo do seu noxo destrutor.


Moisés saíu de onda o faraón e rogou ó Señor.


dixo: —"Se merezo, Señor, o teu favor, pídoche que veñas ti connosco. Este pobo ten cerviz dura, pero ti perdoarás as nosas culpas e pecados e farás de nós a túa herdade".


Quizais o Señor, o teu Deus, oíu as palabras do ministro do tesouro que o rei de Asiria mandou para insultar o Deus vivente e o queira castigar polas palabras que o Señor, o teu Deus, escoitou. Fai, pois, subir unha oración polo resto que aínda queda".


Díxome o Señor: Aínda que Moisés e Samuel intercedesen ante min, eu non estaría por este pobo. Bótaos fóra da miña presenza, que se vaian.


O rei Sedecías mandou a Iehucal, fillo de Xelemías, e ó sacerdote Sefanías, fillo de Maseías, a dicirlle a Xeremías: Se fas o favor, reza ó Señor, noso Deus, por nós.


A Xeremías, o profeta, para lle dicir: Que a nosa súplica sexa ben recibida por ti; reza por nós ó Señor, o teu Deus, por este resto, pois de moitos quedamos uns poucos, como os teus ollos están a ver.


Díxolle Aharón a Moisés: —"Por favor, meu Señor, non poñas sobre nós este pecado, que neciamente cometemos!


Moisés clamou ó Señor: —"Ou Deus, por favor, cúraa!"


O pobo foi onda Moisés e dixéronlle: —"Pecamos por falarmos contra o Señor e contra ti; rógalle ó Señor, para que afaste de nós as serpentes!" Moisés rezou polo pobo,


Simón respondeu: Rezade vós por min ó Señor, para que non me acaia nada do que acabades de dicir.


Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có mesmo ceo.


Así que confesádevos mutuamente os vosos pecados e rezade uns polos outros para que teñades saúde. Moito pode a oración teimosa do xusto.


Se alguén ve que o seu irmán peca con pecados que non levan á morte, que rece por el e Deus daralle a vida. Refírome ós que cometeron pecados que non levan á morte. Porque hai un pecado que leva á morte; e non é por este polo que eu digo que se rece.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan