Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:18 - Biblia SEPT

18 E ó pobo diraslle: Santificádevos para mañá, pois comeredes carne, xa que chorastes ós oídos do Señor, dicindo: Quen nos dará carne para comermos? Nós estabamos ben no Exipto! O Señor daravos carne para que comades.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:18
16 Iomraidhean Croise  

Xacob mandoulles á súa familia e á toda a súa xente: —"Retirade os deuses alleos que teñades, purificádevos e mudádevos de roupa.


que o mantiña sen o deixar pasar, reténdoo no padal,


Para que encha o seu ventre halle enviar Deus a súa ardente carraxe, fará chover por riba o lume do seu noxo.


Se bateu a rocha e deitou auga, e reverteron os regachos, poderá tamén darnos pan e prover ó pobo de carne?".


E Moisés díxolles aínda: —"Esta noite daravos o Señor carne que comer e pola mañá pan a fartar, pois escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós? Non murmurastes contra nós, senón contra o Señor".


O Señor díxolle a Moisés: —"Volve onda o pobo. Purificádevos hoxe e mañá, que laven a roupa


Despois díxolles: —"Estade preparados para o terceiro día, e que ningún home se achegue á súa muller".


Tamén os sacerdotes que se aproximen ó Señor terán que se purificar, para que non rompa contra eles o Señor".


Aconteceu que o pobo comezou a queixarse a oídas do Señor. Oíuno o Señor, e alporizouse. O lume do Señor acendeuse contra aquel, e devorou un extremo do campamento.


Non só ides comer carne un día, nin dous, nin cinco, nin dez, nin vinte días,


Foi el a quen nosos pais non quixeron obedecer, senón que o refugaron e no seu corazón volvéronse a Exipto,


Ti érguete, purifica o pobo, e dilles: Mantédevos puros para mañá, pois así di o Señor, Deus de Israel: Non poderás estar rexo fronte ós teus inimigos, ata que non fagades desaparecer o consagrado do medio de vós.


Chegou o pobo a Betel e estivo alí ata o serán diante de Deus. E deron laídos e prorromperon en gran choro;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan