Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:16 - Biblia SEPT

16 O Señor respondeulle a Moisés: —"Xúntame setenta homes de entre os anciáns de Israel, dos que ti saibas que son anciáns do pobo e conselleiros. Lévaos diante da Tenda do Encontro, e que estean contigo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:16
14 Iomraidhean Croise  

Cos dous fillos que lle naceron en Exipto a Xosé, a familia de Xacob compúñase alí de setenta persoas.


Elixiu de entre todo Israel homes de valer e púxoos á cabeza do pobo, coma xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.


O Señor díxolle a Moisés: —"Subide onda min, ti, Aharón, Nadab, Abihú e setenta anciáns de Israel, e prostrádevos desde lonxe.


Moisés, Aharón, Nadab, Abihú e setenta anciáns de Israel subiron á montaña


Moisés e Aharón chegaron, e reuniron a todos os anciáns de Israel.


O Señor falou deste xeito: —Vai, mércalle unha ola a un oleiro, e toma contigo algún dos vellos do pobo e algún dos vellos sacerdotes.


E alí, tamén ó arredor, setenta homes dos anciáns da Casa de Israel, con Iezanías, fillo de Xafán no medio deles; estaban de pé cara ás imaxes; cada un tiña o seu incensario na man e o perfume da nube de incenso subía.


Saíu Moisés entón e transmitiulle ó pobo as palabras do Señor. Logo xuntou setenta homes dos anciáns do pobo e fíxoos pór de pé ó redor da Tenda.


Levantouse Moisés e foi onda Datán e Abiram e seguírono os anciáns de Israel.


Despois disto designou o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante del a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir.


Entón volveron os setenta e dous moi contentos dicindo: Señor, aínda os demos tamén se nos someten no teu nome.


Logo eu escollín para pór á fronte das vosas tribos homes de experiencia e instruídos, e púxenos á vosa fronte: xefes de mil, xefes de cento, xefes de cincuenta e xefes de dez, para cada unha das vosas tribos.


Poñerás pola túa conta para as túas tribos xuíces e maxistrados en todas as cidades, que o Señor, o teu Deus, che vai dar, e han de xulgar o pobo con xuízo xusto.


Xuntade ao meu lado os anciáns das vosas tribos e os vosos xefes, que vou pronunciar nos seus oídos estas palabras e vou pór como testemuñas contra eles o ceo e mais a terra.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan