Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:12 - Biblia SEPT

12 Son eu por ventura quen concibiu a todo este pobo? Son eu quen o deu a luz, para que me digas: Lévao no teu seo, como leva unha ama o seu neno de peito, á terra que ti prometiches con xuramento a seus pais?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:12
20 Iomraidhean Croise  

A terra toda que ves, dareicha a ti e ós teus descendentes para sempre.


O Señor, Deus do ceo, que me tirou da casa de meus pais e do meu clan, e que me prometeu con xuramento: Os teus descendentes dareilles este país, mandará diante de ti o seu anxo, e encontrarás alí a muller para o meu fillo.


Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.


Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".


En Samaría vivían setenta fillos de Acab. Iehú escribiu cartas e mandounas a Samaría, ós maxistrados da cidade, ós anciáns e ós mestres dos fillos de Acab. Nelas dicíalles:


Entón o mordomo do pazo, o gobernador da cidade, os anciáns e os mestres mandáronlle dicir a Iehú: —"Nós somos todos servos teus e faremos o que nos mandes. Non elixiremos ningún rei. Fai ti como che pareza".


Cando o Señor te dea introducido na terra dos cananeos, conforme vos xurou a ti e a teus pais, e cha dea en posesión,


Cando o Señor vos introduza na terra dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos hivitas e dos iebuseos, conforme o xuramento que fixo a vosos pais, unha terra que deita leite e mel, no mes de abib celebraredes esta festa.


O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, ti e o pobo que trouxeches de Exipto e sube de aquí cara á terra, da que eu xurei a Abraham, a Isaac e a Xacob: Daréillela ós vosos descendentes.


Levareivos á terra que xurei darlles a Abraham, a Isaac e a Xacob, e daréivola a vós en posesión. Eu, Iavé".


Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño, recólleo co seu brazo, leva ós añiños no seo e protexe os que aínda maman.


"Esquécese unha muller do seu meniño? Non se compadece do fillo das súas entrañas? Aínda que ela se esqueza, eu non me esquecerei de ti.


Entón reis serán os teus titores; e as súas princesas, as túas amas de cría. Diante de ti prostrarán o rostro na terra, e lamberán o po dos teus pés. Entón recoñecerás que eu son o Señor, porque non se avergonzarán os que esperan en min.


Vou suscitar á fronte deles un pastor único, que os apacente: será o meu servo David; el mesmo os apacentará: el en persoa será para eles o seu pastor.


Eu son o Bo Pastor. O Bo Pastor dá a súa vida polas ovellas.


Coma cristiáns xa podedes ter milleiros de mestres, que pais non teredes moitos, pois fun eu quen por medio do Evanxeo vos xerei en Cristo Xesús.


Ai, meus filliños! Que me volven a aguilloar as dores do parto por vós, mentres non vos conformedes segundo a fasquía de Cristo!


E polo deserto viches como o Señor, o teu Deus, te trouxo no colo, coma un home trae ao seu fillo, por todo o camiño que percorrestes ata chegardes a este lugar.


e iso que podiamos presentarnos con autoridade, coma apóstolos de Cristo. Non obstante, fixémonos tenros no medio de vós, coma unha nai que agarima os seus fillos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan