Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:10 - Biblia SEPT

10 Oiu Moisés ó pobo chorando en familias, cada un á porta da súa tenda, e a cólera do Señor acendeuse fortemente. Nos ollos de Moisés apareceu a carraxe,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:10
19 Iomraidhean Croise  

Murmuraron nas súas tendas, e non obedeceron ó Señor.


Non hei de odiar os que te odian, aborrecer os que se erguen contra ti?


Sentiuno o Señor e indignouse, acendeuse a súa ira contra Xacob, ferveu o seu noxo contra Israel,


Sentiuno Deus e indignouse, mesmo refugou a Israel.


Por isto arde a ira do Señor contra o seu pobo e estende a súa man para bater nel. Tremen os montes, e os seus cadáveres son carnaza no medio das rúas. Pero con todo isto non acouga a súa ira e a súa man segue aínda estendida.


e pola túa propia culpa, sairás da túa herdanza, a que eu che dei. Fareite servo dos teus inimigos, nun país que non coñecías, pois o lume acéndese na miña cara, e arde para sempre.


Aconteceu que o pobo comezou a queixarse a oídas do Señor. Oíuno o Señor, e alporizouse. O lume do Señor acendeuse contra aquel, e devorou un extremo do campamento.


e queixouse ó Señor con estas palabras: —"Por que me tratas tan mal a min, o teu servo? E por que non acado graza ós teus ollos? Por que botas enriba de min o peso de todo este pobo?


Cando de noite caía o orballo sobre o campamento, caía tamén o maná sobre el.


Era Moisés un home moi humilde, máis ca todos os homes que había na terra.


Acendeuse a cólera do Señor contra eles, e foise.


Afastáronse, logo, de onda as tendas de Coré, Datán e Abiram. Mentres, Datán e Abiram saíran e mantíñanse firmes á entrada das súas tendas coas súas mulleres, os seus fillos e demais parentes.


E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"


Mais a Xesús non lle gustou aquilo e dixo: Deixade que os nenos se acheguen a min; non llelo impidades, porque deles é o Reino de Deus.


E botándolles unha ollada, chea de carraxe e tristura, debido á dureza dos seus corazóns, díxolle ó enfermo: Estende a túa man. El estendeuna, e a man curou.


Si, un lume de carraxe acendeuse no meu nariz abrasa ata as fonduras do Abismo, devora a terra e os seus froitos, e requeima os alicerces das montañas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan