Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 11:1 - Biblia SEPT

1 Aconteceu que o pobo comezou a queixarse a oídas do Señor. Oíuno o Señor, e alporizouse. O lume do Señor acendeuse contra aquel, e devorou un extremo do campamento.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 11:1
40 Iomraidhean Croise  

Pareceulle mal ó Señor o que Onán facía e fíxoo morrer a el tamén.


Pasado o tempo do loito, David mandou que viñese á súa casa e tomouna por muller. Ela deulle un fillo. Pero a acción de David non compraceu ó Señor.


Elías respondeulle: —"Se eu son un home de Deus, que caia lume do ceo e que vos devore, a ti e á túa cincuentena". Niso caeu un lume de Deus dende o ceo, e devorounos, a el e ós seus cincuenta homes.


Aínda non rematara este de falar cando chegou outro a dicir: —"Caeu un lóstrego do ceo, e consumiu ovellas e pastores. Salveime só eu para cho contar".


O lume alampou os seus adictos, a chama aburou os malvados.


Sentiuno o Señor e indignouse, acendeuse a súa ira contra Xacob, ferveu o seu noxo contra Israel,


O lume engulipou os seus mozos e non houbo cantares para as mozas.


Pola mañá veredes a gloria do Señor, que escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós, para que murmuredes contra nós?"


Moisés mandou a Aharón que lle dixese á asemblea dos israelitas: —"Achegádevos ó Señor, que escoitou as vosas murmuracións".


Resultará que a Luz de Israel se converterá en incendio, e o seu Santo en chama, que queimará e devorará espiños e silvas no mesmo día,


Si, Deus preparou o Tófet contra ela, preparouno para o rei; afondou, ancheou o seu pozo, amoreou paus e lume, o alento do Señor, coma un río de xofre, prendeu lume nel.


Que os pecadores se estremezan en Sión, e o terror apreixe os impíos: Quen habitará entre nós nun lume devorador? Quen habitará entre nós nas chamas eternas?


De que se queixa o home? Da vida feliz? De que se queixa o home? Do castigo dos seus pecados?


O mesmo que preiteei cos vosos pais, no deserto do país de Exipto, así preitearei convosco, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—,


Xurdiu da presenza do Señor unha labarada e devorounos, e morreron alí na presenza do Señor.


(He) Os montes tremen diante del, estremécense os outeiros. (Vau) A terra soérguese ante a súa presenza, o mesmo có orbe e todos os seus habitantes.


Diante del vai a Peste, e a Febre segue as súas pisadas.


E partiron do monte do Señor e andaron o camiño de tres días. A Arca da Alianza do Señor ía diante deles durante os tres días de camiño, para buscarlles sitio onde repousar.


E ó pobo diraslle: Santificádevos para mañá, pois comeredes carne, xa que chorastes ós oídos do Señor, dicindo: Quen nos dará carne para comermos? Nós estabamos ben no Exipto! O Señor daravos carne para que comades.


Dixeron: —"Por ventura o Señor lle falou a el só? Non nos ten falado tamén a nós? E chegou isto ós oídos do Señor".


Todos os fillos de Israel murmuraron contra Moisés e Aharón, e toda a xente dicía: —"Oxalá morrésemos no país do Exipto! Oxalá morrésemos neste deserto!


todos aqueles homes que viron a miña Gloria e os prodixios que fixen no Exipto e no deserto, e me tentaron xa por dez veces, sen escoitaren a miña voz,


—"Canto tempo vou ter que seguir aguantando esta teimosa turba, que murmura contra min? Eu oín as murmuracións que contra min profiren os fillos de Israel.


Dilles: Pola miña vida, palabra do Señor, que conforme vos oín dicirme, así vos vou tratar!


Ti e toda a túa facción sublevástesvos contra o Señor; pois quen é Aharón para que murmuredes contra el?".


E ó mesmo tempo saíu un lume da parte do Señor e devorou os douscentos cincuenta homes que ofrecían o incenso.


Isto era coma un aviso para os fillos de Israel, a fin de que ningún estraño que non pertenza á descendencia de Aharón se aproxime a queimar incenso diante do Señor e non sufra a sorte de Coré e a súa facción, conforme o Señor lle ordenara por medio de Moisés.


E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"


Nin murmuredes, coma algúns deles e pereceron vítimas do Exterminador.


de como che saíu ao encontro polo camiño e de como te atacou por detrás, a ti e a todos os que viñan cansos detrás de ti, pois ti estabas fatigado e esmorecendo; non lle tivo ningún respecto a Deus.


Si, un lume de carraxe acendeuse no meu nariz abrasa ata as fonduras do Abismo, devora a terra e os seus froitos, e requeima os alicerces das montañas.


Logo seguistes enfadando ao Señor en Taberah, en Masah e en Quibrot Hatavah.


xa que o noso Deus é lume devorador.


Atención! O xornal que non lles pagastes ós obreiros que vos fixeron a seitura está clamando e o seu berro chega ós oídos do Señor dos Exércitos.


Sonvos murmuradores, ándanse a queixar decote, camiñan seguindo as súas cobizas, os seus labios pronuncian verbas abraiantes, afagan as persoas buscando o propio interese.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan