Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 10:9 - Biblia SEPT

9 Cando teñades que saír á guerra, no voso país, contra o inimigo que vos ataca, tocaredes as trompetas con estrondo e o Señor Deus voso acordarase de vós, e seredes liberados dos vosos inimigos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 10:9
34 Iomraidhean Croise  

Deus pensou en Noé e nos animais e gandos que estaban con el na arca. Fixo pasar un vento pola terra, e as augas comezaron a minguar.


Sabede que Deus está connosco na vangarda. Os seus sacerdotes darán coas trompetas o toque de guerra contra vós. Israelitas, non loitedes contra o Señor, Deus de vosos pais, porque non poderedes vencer".


Os xudeus, ó volvérense, observaron que os atacaban por diante e polas costas. Entón clamaron ó Señor, os sacerdotes tocaron as trompetas,


Recórdame, Señor, polo amor ó teu pobo, visítame coa túa salvación,


Os seus inimigos oprimíronos, humilláronos baixo a súa man.


No noso abatemento acórdase de nós, porque o seu amor é eterno,


Todos os habitantes do orbe e os que vivides na terra, ó levantaren a bandeira nos montes, tende medo, e, ó soaren o corno, escoitade.


Clama coa túa gorxa, non pares, levanta a túa voz coma unha trompeta. Denúncialle ó meu pobo a súa rebeldía, e á casa de Xacob os seus pecados.


As miñas entrañas! As miñas entrañas retórcense de dor! Chamo ó meu corazón; anda solto: non son capaz de atalo. Estou oíndo o ronquido do corno, o estrondo dos gritos de guerra: o barullo das gorxas da guerra,


Ata que día ollarei a bandeira e oirei o ronquido do corno?


Facédello saber a Xudá, facédello escoitar a Xerusalén e dicídelle: tocan o corno polo país, chaman a formar, a pórse en filas, tomemos as cidades do Inexpugnable,


Por isto: velaí veñen días —é o Señor quen fala— nos que farei oír berros de guerra contra a capital dos amonitas, que se converterá nun outeiro de desolación, e as súas cidades filiais serán incendiadas con lume, mentres Israel herdará dos herdeiros deles —dío o Señor—.


Fuxide do medio de Xerusalén, descendentes de Benxamín: tocade o corno da desbandada desde Tecoa, facede sinais desde o alto de Bet—ha—Quérem; ollade que o desastre xa se ve vir desde o norte, unha enorme desgraza.


Púxenvos sentinelas: "Estade atentos ó toque do corno". Pero responderon: "Non queremos estar atentos".


Tocarán a trompeta e todo estará preparado; pero non haberá quen vaia á guerra, pois a miña ira alcanzará toda a súa riqueza.


Tocade o corno en Guibah, a trompeta en Ramah, dade a alarma en Bet-Aven: "Olla para os perseguidos, Benxamín".


—"Dilles ós israelitas: no sétimo mes, o día primeiro do mes será para vós de grande repouso, lembranza solemne a son de trompeta, e asemblea sagrada.


Tócase a trompeta na vila sen que o pobo se altere? Pasa unha desgraza na vila sen que Iavé a cause?


día de toques de corno e gritos de guerra, contra as altas fortalezas, e contra as torres ergueitas.


Moisés enviounos á milicia mil por tribo, ás ordes de Pinhas, fillo do sacerdote Elazar, portador dos obxectos sagrados e das trompetas de alarma.


Ou tamén: se unha trompeta toca sen xeito ningún, quen se vai preparar para o combate?


Cando saias para a guerra contra os teus inimigos e vexas cabalos, carros e exército máis numeroso ca ti, non lles teñas medo, pois está contigo o Señor, o teu Deus, o que te fixo rubir do país de Exipto.


E, cando soe o corno de carneiro, en escoitando vós o son da trompeta, bruará todo o pobo con grande berro. Entón virase abaixo o muro da vila, e subirá a eito todo o pobo".


os sidonios, os amalecitas e os madianitas vos oprimiron e clamastes por min, logo non vos salvei eu das súas mans?


que atribularon e oprimiron durante dezaoito anos a todos os fillos de Israel da outra banda do Xordán, na terra dos amorreos, que está en Galaad.


E cando o Señor fixo xurdir xuíces para eles, o Señor estaba co xuíz, e salvábaos das mans dos seus inimigos durante todos os días de vida do xuíz, pois conmovérase o Señor polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados.


E cando chegou, tocou a trompeta na serra de Efraím, e baixaron canda el da montaña os fillos de Israel, e el ía diante deles.


E o espírito do Señor entrou en Guideón, e tocou a trompeta, e acudiron os de Abiezer con el;


e salveivos das mans de Exipto e das mans de todos os que vos oprimían, e chimpeinos de diante de vós, e entregueivos o seu país.


e faloulles ós israelitas: —"Isto di o Señor, Deus de Israel: Eu saquei a Israel de Exipto e libreivos da man dos exipcios e da de todos os reis que vos oprimían.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan