Entón ordenou: —"A arca de Deus non debe ser transportada senón polos levitas, porque son os que Iavé escolleu para trasladala e para facer o seu servizo para sempre endexamais".
Estes son os fillos de Leví segundo as familias dos seus pais, cabeza das casas paternas, segundo o censo feito contando por cabezas. Estaban dedicados ó ministerio do templo de Iavé desde os vinte anos cumpridos,
Cando o tabernáculo teña que ser transportado, só eles poderán desarmalo, e cando teñan que erguelo, serán os levitas quen o farán; calquera estraño que se achegue para tocalo, será castigado coa morte.
Despois irá a Tenda da Alianza do campamento, levada polos levitas, no medio dos batallóns, tal e como estaban acampados. Así camiñarán, cada un baixo as súas insignias, levadas en alto nas mans.