os albaneis e os canteiros. Con el mercaban madeira e pedra de cantería para reparar os danos do templo. Con el pagaban todos os gastos da súa conservación.
e todos os levitas cantores, Asaf, Hemán e Iedutún, con seus fillos e irmáns, vestidos de liño fino, estaban de pé ó oriente do altar, tocando címbalos, salterios e cítaras, e con eles cento vinte sacerdotes que tocaban as trompetas,
Farás un candelabro de ouro puro, traballado a martelo, coa súa base e co seu fuste. Formarán unha peza con el as súas copas, os seus cálices e as súas corolas.
Non sigades traendo ofrendas vas: o seu fume é abominación para min. Non luxedes a xuntanza na festa da Lúa Nova e no sábado, que non soporto a iniquidade e a opresión.
Facédello saber a Xudá, facédello escoitar a Xerusalén e dicídelle: tocan o corno polo país, chaman a formar, a pórse en filas, tomemos as cidades do Inexpugnable,
Decretade un período sacro de xaxún, convocade a asemblea, xuntade os anciáns, a todos os que viven no país, no templo do Señor, o voso Deus, e pedídelle auxilios ó Señor.