Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 10:12 - Biblia SEPT

12 Os fillos de Israel partiron do deserto de Sinaí por etapas, e a Nube detívose no deserto de Parán.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 10:12
22 Iomraidhean Croise  

e ós hurritas nos montes de Seir, ata El-Parán, á beira do deserto.


Vivía no deserto de Parán, e súa nai buscou unha muller exipcia para el.


Saíron de Madián e chegaron a Parán. Alí colleron consigo algúns homes, pasaron a Exipto e presentáronse ó faraón, rei de Exipto, que os forneceu de casa, de alimentos e de terras.


Saíron de Succot e acamparon en Etam, á beira do deserto.


Deus vén de Temán; o Santo, do monte Parán. A súa maxestade cobre o ceo, e a terra está chea da súa loanza.


No deserto do Sinaí, na Tenda do Encontro, no primeiro día do segundo mes, no segundo ano despois da saída do país de Exipto, díxolle o Señor a Moisés:


E partiron do monte do Señor e andaron o camiño de tres días. A Arca da Alianza do Señor ía diante deles durante os tres días de camiño, para buscarlles sitio onde repousar.


Despois o pobo partiu de Haserot e foi acampar no deserto de Parán.


Chegaron xunto a Moisés e Aharón e toda a comunidade dos fillos de Israel, no deserto de Parán, en Cadex, e déronlles conta a eles e a toda a asemblea mostrándolles os froitos do país.


Enviounos, pois, Moisés desde o deserto de Parán, segundo a orde do Señor. Todos eles eran xefes entre os fillos de Israel.


E facían os israelitas canto lle mandara o Señor a Moisés, sexa cando acampaban arredor da súa insignia, sexa cando se puñan en camiño, cada un coa súa familia e casa patriarcal.


O Señor díxolle a Moisés no deserto de Sinaí no segundo ano da súa saída de Exipto, no primeiro mes:


Cando a Nube se levantaba de enriba da Tenda, os fillos de Israel púñanse en marcha, e no lugar onde a Nube paraba, alí acampaban os fillos de Israel.


Celebrárona o día catorce do mes, á tardiña, no deserto de Sinaí, en conformidade con todo o que lle mandara o Señor a Moisés: así fixeron os israelitas.


Estas son as palabras que lle dirixiu Moisés a todo Israel na outra beira do Xordán, no deserto, isto é, na Arabah, enfronte de Suf, entre Parán por unha banda e Tofel, Labán, Haserot e Dizahab pola outra.


Logo marchamos do Horeb e, atravesando todo aquel inmenso e terrible deserto que vós vistes, polos montes dos amorreos, tal como nolo mandara o Señor, noso Deus, chegamos a Cadex Barnea.


Arrincade as vosas tendas e entrade na serra dos amorreos e onda os seus veciños que viven na Arabah, na montaña e na Terra Baixa, no Négueb e na beira do mar. Ollade para o país dos cananeos e para o Líbano ata o río grande, o río Éufrates.


Díxolles: —"O Señor chega do Sinaí, resplandece desde Seir en favor deles, brilla desde o monte Parán, si, chega o Santo co seu poder, avanza coa súa perna dereita en favor deles.


Samuel morreu e todo Israel se xuntou para choralo. Enterrárono en Ramah na súa propiedade. Despois diso David baixou cara ó deserto de Maón.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan