Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 10:10 - Biblia SEPT

10 Nos vosos días de xúbilo, nas vosas solemnidades e nos primeiros de mes, tocaredes as trompetas durante os vosos holocaustos e sacrificios de comuñón, para que vos sirvan de memorial na presenza do voso Deus. Eu son o Señor, voso Deus!"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 10:10
34 Iomraidhean Croise  

El preguntoulle: —"Por que vas onda el hoxe, que non é lúa nova nin sábado?". Pero ela respondeulle: —"Queda con Deus".


Xebanías, Ioxafat, Natanael, Amasai, Zacarías, Benaías e Eliézer, sacerdotes, tocaban as trompetas diante da arca de Deus. Obededom e Iehías eran tamén porteiros da arca.


Desta maneira levou todo Israel a arca da alianza de Iavé entre aturuxos ó son das bucinas, das trompetas, dos pandeiros, das arpas e das cítolas.


Hemán e Ieditún facían soar trompetas, pratos e outros instrumentos músicos, cos que acompañaban os cantos en honra de Deus. Os fillos de Ieditún eran porteiros.


Así, pois, achábanse presentes os levitas cos instrumentos de David e os sacerdotes coas trompetas.


Ata que acabou o holocausto toda a comunidade permaneceu prostrada, mentres continuaban os cantos e resoaban as trompetas.


Os sacerdotes oficiaban de pé mentres os levitas cantaban ó Señor cos instrumentos que fixera o rei David para loar e dar grazas ó Señor, porque é eterna a súa misericordia; os sacerdotes achábanse perante eles e todos os israelitas mantíñanse de pé.


Entón os albaneis puxeron os fundamentos do templo do Señor, mentres que os sacerdotes se colocaban cos seus ornamentos e as trompetas, e tamén os levitas fillos de Asaf cos címbalos, para loar o Señor segundo ordenou David, rei de Israel.


de entre os fillos de Ionatán, fillo de Xemaías, fillo de Metanías, fillo de Micaías, fillo de Zacur, fillo de Asaf,


Loádeo con sons de trompeta, loádeo con arpa e con cítara,


pulsade o salterio, tocade o pandeiro, a donda cítara e a arpa.


Tocade a trompeta na lúa nova, na lúa chea, no día da festa.


Xustiza e rectitude fundamentan o teu trono, amor e fidelidade marchan ante ti.


Dese xeito Aharón levará os nomes das tribos de Israel no peitoral das sortes, sempre que entre no santuario, para lembranza perpetua diante do Señor.


Recollerás o diñeiro do rescate dos israelitas e dedicaralo ó servizo da Tenda do Encontro. Servirá para memorial diante do Señor de que os israelitas rescataron as súas vidas".


Sucederá no día aquel que se tocará cun corno grande, e virán os abandonados no país de Asiria, e os dispersados polo país de Exipto, e prostaranse diante do Señor na montaña santa, en Xerusalén.


—"Dilles ós israelitas: no sétimo mes, o día primeiro do mes será para vós de grande repouso, lembranza solemne a son de trompeta, e asemblea sagrada.


Cando teñades que saír á guerra, no voso país, contra o inimigo que vos ataca, tocaredes as trompetas con estrondo e o Señor Deus voso acordarase de vós, e seredes liberados dos vosos inimigos.


Cada día primeiro de mes ofreceredes en holocausto ó Señor dous xovencos, un carneiro, sete años dun ano, sen defecto;


No sétimo mes, no día primeiro do mes, celebraredes asemblea santa e non faredes obra ningunha servil; será para vós día de aclamación coas trompetas.


Achegádevos a min todos os que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.


Cheo de medo, e mirando fixo para el, respondeu: Que é, Señor? O anxo respondeulle: As túas oracións e as túas esmolas subiron diante de Deus e tenas presentes;


nun instante, nun pechar os ollos, ó toque da derradeira trompeta. Pois soará a trompeta e os mortos resucitarán incorruptibles e nós apareceremos transformados.


pois a un sinal de mando, á voz do arcanxo e ó son da trompeta de Deus, o Señor en persoa baixará do ceo: entón os cristiáns defuntos resucitarán primeiro;


Polo tanto, consoládevos uns a outros con estas palabras.


responderédeslles que as augas do Xordán estiveron cortadas diante da Arca da Alianza do Señor ó pasar o Xordán: cortáronse as augas do Xordán, e velaquí estas pedras como lembranza para os fillos de Israel decote".


Sete sacerdotes levarán sete trompetas de corno de carneiro, diante da Arca. O sétimo día circundaredes a vila sete veces, e os sacerdotes tocarán as trompetas.


O Espírito e a esposa din: "Ven". Quen escoita, que diga: "Ven". Quen teña sede, que veña; o que queira, que colla de balde auga da vida.


David díxolle a Ionatán: —"Mañá é lúa nova e eu terei que sentarme a comer á mesa do rei. Déixame que marche e me esconda nas aforas, ata pasado mañá á tarde.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan