Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".
E facían os israelitas canto lle mandara o Señor a Moisés, sexa cando acampaban arredor da súa insignia, sexa cando se puñan en camiño, cada un coa súa familia e casa patriarcal.
Moisés e Aharón e toda a asemblea dos fillos de Israel fixeron, acerca dos levitas, canto lle ordenara o Señor a Moisés ó respecto: así fixeron acerca deles os fillos de Israel.
ás veces dous días, un mes ou un ano, en tanto que a Nube se detiña sobre o Tabernáculo, os fillos de Israel permanecían acampados e non partían; pero en canto ela se elevaba, levantaban o campamento.
Celebrárona o día catorce do mes, á tardiña, no deserto de Sinaí, en conformidade con todo o que lle mandara o Señor a Moisés: así fixeron os israelitas.
Samuel dixo entón: —"Quere o Señor holocaustos e sacrificios ou prefire que o obedezan? Certamente a obediencia vale máis cós sacrificios, a docilidade, máis có lardo dos carneiros.