Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 1:51 - Biblia SEPT

51 Cando o tabernáculo teña que ser transportado, só eles poderán desarmalo, e cando teñan que erguelo, serán os levitas quen o farán; calquera estraño que se achegue para tocalo, será castigado coa morte.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 1:51
15 Iomraidhean Croise  

O Señor anoxouse contra Uzá e feriuno alí mesmo de morte ó pé da arca de Deus.


O ano segundo, o segundo mes, o vinte do mes, aconteceu que a Nube se elevou de enriba do Tabernáculo do Testemuño.


Colocouse de pé entre os mortos e os vivos, e o castigo cesou.


Isto era coma un aviso para os fillos de Israel, a fin de que ningún estraño que non pertenza á descendencia de Aharón se aproxime a queimar incenso diante do Señor e non sufra a sorte de Coré e a súa facción, conforme o Señor lle ordenara por medio de Moisés.


De agora en diante os fillos de Israel non se aproximarán máis á Tenda do Encontro, para que non incorran en pecado castigado con pena de morte.


Estarán ó teu servizo e ó da Tenda enteira, pero non se acercarán ós obxectos sagrados nin ó altar, para que non morran nin eles nin vós.


Soamente eles estarán contigo no servizo da Tenda do Encontro, para todo o servizo da Tenda; ningún estraño se acercará a vós.


Ti, non obstante, e teus fillos contigo exerceredes a vosa función sacerdotal en todo o que toca ó altar e á parte interior do veo: é unha doazón que vos fago eu a vós, o voso sacerdocio, e calquera estraño que se aproxime, morrerá".


Para Aharón e seus fillos farás un estatuto das funcións que eles poderán desempeñar no exercicio do seu sacerdocio; calquera estraño que llelas queira usurpar será castigado coa morte".


Os que acamparan diante do Tabernáculo, diante da Tenda do Encontro, polo abrente, son Moisés, Aharón, os seus fillos e os encargados das quendas da garda do santuario dos fillos de Israel; calquera estraño que se achegue, será condenado a morte.


Os fillos de Ieconías non se aledaron coa demais xente de Betxémex, cando viron a arca do Señor, e o Señor castigou a setenta persoas da familia. O pobo fixo dó por aquela gran mortaldade coa que os ferira o Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan