Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 1:4 - Biblia SEPT

4 Teredes presentes convosco un home de cada tribo, o xefe de cada familia patriarcal.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 1:4
19 Iomraidhean Croise  

Salomón convocou en Xerusalén a todos os anciáns de Israel, os xefes de tribo e os cabezas de familia dos israelitas, para traer a Arca da Alianza do Señor da cidade de David, que é Sión.


Procura no medio do pobo homes de valer e que teñan temor de Deus, homes firmes, inimigos da cobiza, e ponos á fronte do pobo, como xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.


Elixiu de entre todo Israel homes de valer e púxoos á cabeza do pobo, coma xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.


Estes son os escollidos como cabezas das respectivas familias patriarcais; son xefes de milleiros en Israel".


Estes son os que foron censados por Moisés e Aharón e polos xefes dos israelitas: doce homes, un por cada tribo, representando a súa casa patriarcal.


Os incensarios deses que morreron polo seu pecado, sexan reducidos a láminas para recubrir o altar, porque foron ofrecidos ó Señor e están santificados. Serviranlles de sinal ós fillos de Israel".


O nome do israelita morto, xunto coa madianita, era Zimrí, fillo de Salú, xefe dunha casa patriarcal dos simeonitas;


E díxolle o Señor a Moisés: —"Colle a todos os cabezas de familia do pobo e fainos aforcar en honra do Señor á luz do sol, para que a cólera do Señor se afaste de Israel!"


Moisés faloulles ós fillos de Israel conforme a todo o que lle ordenara o Señor.


Moisés, Aharón e os príncipes da comunidade fixeron o censo dos fillos de Quehat por familias e casas patriarcais.


os príncipes de Israel presentaron unha ofrenda, como cabezas das súas casas patriarcais, isto é, os que eran xefes cando fixeran o censo.


Logo eu escollín para pór á fronte das vosas tribos homes de experiencia e instruídos, e púxenos á vosa fronte: xefes de mil, xefes de cento, xefes de cincuenta e xefes de dez, para cada unha das vosas tribos.


xunto con dez príncipes, un por cada tribo de Israel, sendo cada un deles xefe da súa familia patriarcal, entre os milleiros de Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan