Procura no medio do pobo homes de valer e que teñan temor de Deus, homes firmes, inimigos da cobiza, e ponos á fronte do pobo, como xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.
Eu baixarei e falarei contigo alí; tomarei do espírito que hai sobre ti e meteréillelo a eles, para que leven contigo o peso do pobo, e non o leves ti só.
levantáronse contra Moisés con douscentos cincuenta homes dos fillos de Israel, príncipes da comunidade, membros do consello, persoas que eran das máis significadas e sinaladas polo seu nome.
Os fillos de Eliab: Nemuel, Datán e Abiram, que son os membros do consello da comunidade, que se levantaran contra Moisés e Aharón na sedición de Coré, cando se levantaron contra o Señor.
Logo eu escollín para pór á fronte das vosas tribos homes de experiencia e instruídos, e púxenos á vosa fronte: xefes de mil, xefes de cento, xefes de cincuenta e xefes de dez, para cada unha das vosas tribos.
E replicoulle: —"Perdón, meu Señor, de que xeito vou eu salvar a Israel? Velaquí que o meu clan é o máis pobre de Menaxés e eu son o máis novo da casa de meu pai".
Xaúl faloulles deste xeito: —"Escoitádeme, benxaminitas. Polo visto o fillo de Ixaí vai repartir entre todos vós agros e viñas e vaivos nomear a todos xefes de milleiro e de centuria,
Rexistrade os recunchos onde se esconde e volvede cos datos precisos. Entón irei eu convosco e, se se encontra nesa bisbarra, buscareino entre todas as familias de Xudá".