1 No deserto do Sinaí, na Tenda do Encontro, no primeiro día do segundo mes, no segundo ano despois da saída do país de Exipto, díxolle o Señor a Moisés:
O ano catrocentos oitenta da saída dos israelitas de Exipto, no mes de Ziv, que é o segundo do ano, no mes cuarto do reinado de Salomón en Israel, empezou a construírse o templo do Señor.
Desde enriba do propiciatorio, entre os dous querubíns que están encima da arca do testemuño, virei ó teu encontro e direiche todo o que teña que mandarche para os israelitas.
e mandaron xuntar a toda a comunidade no primeiro día do mes segundo. Fixeron o seu censo por familias e por casas patriarcais, rexistrando o nome de cada varón de máis de vinte anos, xunto co seu xefe correspondente,
Trinta e oito anos foi o tempo que nos levou atravesar desde Cadex Barnea ata que pasamos o regato Zéred e ata que desapareceu do campamento toda aquela xeración de homes de guerra, tal como o Señor llelo xurara.
pois velaí que o Señor, o teu Deus, te bendiciu en todas as túas empresas, tivo coidado de ti ao camiñares por este enorme deserto. Durante estes corenta anos, estivo contigo o Señor, o teu Deus, e nada che faltou.