Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Mateo 4:3 - Biblia SEPT

3 O tentador, achegándose a el, díxolle: Se es Fillo de Deus, manda que estas pedras se convertan en pan.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Mateo 4:3
34 Iomraidhean Croise  

Dicían: —"Sequera morrésemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos potes de carne e con pan a fartar! Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a toda esta comunidade".


Os que estaban na barca prostráronse ante el dicindo: Realmente ti es Fillo de Deus.


Respondeu Simón Pedro: Ti es o Mesías, o Fillo do Deus vivo.


Pero Xesús calaba, e o sumo sacerdote dixo: Conxúrote polo Deus vivo que me digas se ti es o Mesías, o Fillo de Deus.


E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.


Comezo do Evanxeo de Xesús Cristo, Fillo de Deus.


Mesmo os malos espíritos, cando o vían, se prostraban ante el, proclamando: Ti es o Fillo de Deus.


gritando con toda forza: Que teño que ver contigo, Xesús, Fillo do Altísimo? Pídoche por Deus que non me atormentes.


O anxo replicoulle: O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus.


Preguntáronlle todos: Logo es ti o Fillo de Deus? El respondeu: Vós o dicides: eu son.


E díxolle o Satán: Se es o Fillo de Deus, manda que estas pedras se volvan pan.


De moitos saían os demos tremendo e dicindo: "Ti es o Fillo de Deus". Pero el berráballes e non os deixaba falar, porque sabían que el era o Mesías.


Levouno logo a Xerusalén e plantouno no cumio do templo e díxolle: Se es o Fillo de Deus, bótate de aquí abaixo,


E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.


Respondeulle Natanael: —Rabbí, ti es o Fillo de Deus, ti es o rei de Israel.


Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel.


Oíu Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle: Cres ti no Fillo do Home?


e axiña comezou a predicar a Xesús nas sinagogas, proclamando que era o Fillo de Deus.


porque o Fillo de Deus, Cristo Xesús, que nós vos anunciamos —Silván, Timoteo e mais eu—, non foi si e non; nel non houbo máis ca si:


e vivo: mais xa non vivo eu; é Cristo quen vive dentro de min. E aínda que agora vivo unha vida mortal, vivo na fe do Fillo de Deus, que me amou e que se deu en sacrificio por min.


Por iso, eu tampouco non aguantei máis e mandeino a que se informase da vosa fe; non fose que vos seducise o tentador e o noso traballo resultase estéril.


Que ninguén, polos seus pareceres, venda o máis sagrado, coma Esaú que por un simple xantar vendeu os seus dereitos de primoxénito;


Pois logo, xa que temos un gran Sumo Sacerdote que xa penetrou no ceo, Xesús, o Fillo de Deus, manteñamos a esperanza que profesamos.


O feito de se nos presentar sen o nome do pai, nin o da nai, sen xenealoxía, sen a data do comezo dos seus días nin a da fin da súa vida, faino semellante ó Fillo de Deus e dá a entender que permanece sacerdote para sempre.


Quen comete pecado, vén do demo, xa que o demo é pecador desde o comezo. Por isto se fixo ver o Fillo de Deus, para acabar coas obras do demo.


Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan