Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Mateo 4:2 - Biblia SEPT

2 Despois de xaxuar corenta días e corenta noites, acabou por ter fame.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Mateo 4:2
14 Iomraidhean Croise  

Ergueuse Elías, comeu e bebeu e, coa forza daquel sustento, andou corenta días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.


Moisés entrou na nube, subiu á montaña e quedou alí corenta días coas súas noites.


Moisés estivo alí co Señor corenta días e corenta noites. Nelas non comeu pan nin bebeu auga. E escribiu nas táboas as palabras da alianza, os dez mandamentos.


Pola mañá cedo, cando regresaba á cidade, sentiu fame.


Porque tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber; fun forasteiro e acolléstesme;


Porque tiven fame e non me destes de comer; tiven sede, e non me destes de beber;


O outro día despois de saír de Betania, sentiu fame.


durante corenta días, onde o tentou o Satán. Naqueles días non probou bocado, pero ó cabo deles sentiu fame.


Estaba alí o pozo de Xacob. E Xesús, canso do camiño, sentou onda o pozo. Era ó pé do mediodía.


Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu lle mande,


Logo prostreime no chan diante do Señor, tal e como o fixera a primeira vez, durante corenta días e corenta noites, sen comer pan nin beber auga, por culpa de todos os pecados que acababades de cometer, facendo o que está mal ós ollos do Señor, ata ofendelo.


Entón prostreime no chan diante do Señor corenta días e corenta noites, igual que me prostrara antes, pois o Señor falara de vos destruír,


Cando eu subín á montaña para recoller as lousas de pedra, as táboas da Alianza, que o Señor pactara convosco, quedei na montaña corenta días e corenta noites, sen comer pan e sen beber auga.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan