Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Mateo 26:3 - Biblia SEPT

3 Entón reuníronse os sumos sacerdotes e mais os senadores do pobo no pazo do sumo sacerdote chamado Caifás,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Mateo 26:3
23 Iomraidhean Croise  

Aflíxenme o día enteiro, os seus proxectos son todos para mal.


Eu era coma año manso levado á morte, e non me daba conta de que tramaban maquinacións contra min: "Cortemos a árbore no seu vigor, arrinquémola da súa terra vital, que non se lembre o seu nome endexamais".


Pero se non me facedes caso nisto de santificar o sábado e de non levar cargas e metelas polas portas de Xerusalén en sábado, entón prendereilles lume ás portas de Xerusalén, lume que consumirá os seus palacios e non se apagará.


Pedro estaba sentado fóra, no patio. Acercouse a el unha criada e díxolle: Ti tamén andabas con Xesús o Galileo.


Os soldados do gobernador levaron a Xesús ó Pretorio, e reuniron toda a compañía.


Pedro seguiuno de lonxe ata o pazo do Sumo Sacerdote, e sentou alí para quentarse cos criados, á beira do lume.


Estando Pedro embaixo, no patio, chegou unha das criadas do Sumo Sacerdote.


Os soldados, levárono, para dentro do pazo do gobernador, é dicir, do Pretorio, e chamaron a toda a compañía.


Encenderon lume no medio do patio, e sentaron arredor; e Pedro sentou tamén no medio deles.


durante o pontificado de Anás e Caifás, chegoulle a Palabra de Deus a Xoán, fillo de Zacarías, no deserto.


Pero os sumos sacerdotes e os fariseos tiñan dada orde de que, se alguén sabía onde estaba, que o comunicase para lle botaren man.


Entón Anás mandouno amarrado onda Caifás, o Sumo Sacerdote.


Levaron entón a Xesús de onda Caifás ó Pretorio. Era a amañecida. Eles non entraron no Pretorio para non se contaminaren e así poderen comer a Pascua.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan