O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste xeito: "Meu Deus, douche grazas porque non son coma os demais: ladrón, inxusto e adúltero; nin coma ese recadador.
O recadador, en troques, manténdose a distancia, non se atrevía nin a levantar os ollos ó ceo, senón que petando no peito dicía: "Meu Deus, ten compaixón de min, que son un pecador".
Logo que chegaron, subiron ó cuarto de arriba, onde residían Pedro, Xoán, Santiago, Andrés, Filipe, Tomé, Bartolomeu, Mateu, Santiago o de Alfeo, Simón o Zelota e Xudas o de Santiago.
Acenoulles coa man para que calasen e contoulles como o Señor o librara da prisión e díxolles: Mandádelle recado a Santiago e ós irmáns. E liscou de alí para outro sitio,
e cando recoñeceron a graza que se me concedera, van Santiago, Pedro e mais Xoán (os piares coma quen di) e déronnos a man a min e mais a Bernabé coma sinal de solidariedade. De xeito que evanxelizarvos ós non xudeus correse pola nosa conta; e evanxelizar ós circuncidados, pola deles.