Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Mateo 1:1 - Biblia SEPT

1 Libro da xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Mateo 1:1
39 Iomraidhean Croise  

Bendicirei a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga. Os pobos todos da terra chamaranse benditos no teu nome".


Esta é a historia da creación do ceo e da terra. Cando o Señor Deus fixo a terra e o ceo,


Todos os pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido".


Xenealoxía da humanidade. Cando Deus creou o home, fíxoo á súa imaxe.


O Señor xuroulle a David —promesa da que non renega—: —"Prole da túa liñaxe porei sobre o teu trono.


—"Penso que o teu amor está fundado co mundo, a túa fidelidade asentada cos ceos".


Unha vez xurei pola miña santidade que non mentiría a David.


Sairá un xermolo do pé da árbore de Ixaí e un gromo brotará da súa raíz.


Foi levado cun xuízo perverso, ninguén se preocupou da súa vida. El foi arrincado do mundo dos vivos, para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo.


Ollade que chegan os días —é o Señor quen fala— en que farei abrollar de David un xermolo lexítimo, será rei de verdade e comportarase con prudencia, administrará o dereito e a xustiza no país.


Así non rexeito a descendencia de Xacob e de David, o meu servidor, nin deixarei de coller dela os xefes para a descendencia de Abraham, Isaac e Xacob. Certo, eu rescatarei a súa catividade e compadecereime desta descendencia.


Naquel día erguerei a tenda derrubada de David, repararei as súas fendas, restaurarei as ruínas e reconstruireina coma nos tempos antigos,


No día aquel o Señor protexerá ó que rexe en Xerusalén. Aquel día o que máis cambalee de entre eles será coma David, e a casa de David será coma divina, igual có Anxo do Señor á fronte deles.


O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo.


Abraham xerou a Isaac. Isaac xerou a Xacob. Xacob xerou a Xudá e mais os seus irmáns.


E apareceu unha muller cananea daqueles contornos, que berraba: Compadécete de min, Señor, Fillo de David: a miña filla está atormentada por un demo.


Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata se pousar enriba del.


Cando saíu Xesús de alí, fórono seguindo dous cegos que berraban: Fillo de David, ten dó de nós.


reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.


Non di a Escritura que o Mesías ha vir da semente de David, e de Belén, a vila de onde era David?"


Pero, como el era profeta e sabía que Deus lle asegurara con xuramento que un descendente do seu sangue había sentar no seu trono,


e que trata do seu Fillo Xesús Cristo o noso Señor, que como home naceu da semente de David,


Pois a promesa a Abraham ou á súa liñaxe, de que el herdaría o mundo, non se lle fixo pola Lei, senón pola xustificación da fe.


A eles pertencen os patriarcas; e deles vén Cristo coma home. O Deus que está sobre todo, sexa bendito polos séculos. Amén.


Ben, pois a Abraham e mais á descendencia del fixéronselle as promesas. Mais a Escritura non di ós seus descendentes, como se fosen moitos, senón ó seu descendente; coma quen di a un só, que é Cristo.


Porque hai un único Deus e un único mediador entre Deus e os homes: o home Cristo Xesús,


Lémbrate de Xesús Cristo, resucitado dos mortos, da semente de David. Este é o meu Evanxeo,


Eu, Xesús, mandeivos o meu anxo, para que vos dese testemuño de todo isto que se refire ás igrexas. Eu son o renovo e a descendencia de David, o luceiro brillante da mañá".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan