Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 9:5 - Biblia SEPT

5 Cando non vos acollan, saíde daquela vila e sacudide o po dos vosos pés, para que lles sirva de aviso.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 9:5
13 Iomraidhean Croise  

Sacudín tamén as dobras do meu manto, dicindo: —"Desta mesma maneira sacudirá Deus da súa casa, lonxe dos seus bens, a todo aquel que non reciba a súa palabra. Así será el sacudido e abandonado sen nada". Toda a asemblea respondeu: —"Amén". E loaba ó Señor. E o pobo realizou canto se dixo.


E pola miña causa hanvos levar ante gobernadores e reis, así daredes testemuño de min diante deles e dos pagáns.


Se nalgún lugar non vos acolleren nin vos escoitaren, ídevos, sacudindo o po dos vosos pés, para que lles sirva de aviso.


Quen acolle a un destes nenos no meu nome, acólleme a min; e quen me acolle a min, non é a min a quen acolle, senón a Aquel que me mandou.


Quen vos escoita a vós, escóitame a min, e quen vos rexeita a vós, rexéitame a min; pero o que me rexeita a min, rexeita a quen me mandou.


Logo mandoulle que non lle dixese nada a ninguén, e engadiu: Vai, preséntate ó sacerdote e ofrece pola túa purificación o ordenado por Moisés, para que lles sirva de testemuño.


Na casa onde entredes, quedade ata que marchedes.


e díxolles: Quen acolle a este neno no meu nome, acólleme a min, e aquel que me acolle a min, acolle a quen me mandou; porque o que é máis pequeno entre vós, ese é o máis importante.


Estes, sacudindo contra eles o po dos seus pés, marcharon para Iconio,


Pero como eles se lle repoñían xurando, díxolles, sacudindo a roupa: Que o voso sangue veña sobre a vosa cabeza; eu non teño culpa. De agora en diante voume ós pagáns.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan