Cando o home de Deus, Eliseo, oíu que o rei de Israel rachara as súas vestiduras, mandoulle dicir: —"Por que rachas as vestiduras? Que veña onda min, e saberá que hai un profeta en Israel".
Moisés e Aharón presentáronse ó faraón, para dicirlle: —"Así fala Iavé: Por canto tempo te negarás a abaixarte diante de min? Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.
e o Señor díxolle a Moisés: —"Por canto tempo me ha aldraxar este pobo? Por canto tempo se negará a crer en min, con todos os prodixios que teño feito diante deles?
—"Canto tempo vou ter que seguir aguantando esta teimosa turba, que murmura contra min? Eu oín as murmuracións que contra min profiren os fillos de Israel.
Entón vai, colle consigo outros sete espíritos aínda peores ca el e establécense alí; e o final daquel home acaba sendo peor có principio. Así lle vai pasar tamén a esta xeración malvada.
Como se decatara de que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase, díxolles: Raza de víboras! Quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar?
Ou é que abusas da súa inesgotable bondade, do seu aguante e da súa paciencia, e non te decatas de que esa benignidade de Deus está tratando de te encamiñar cara á conversión?
Porque esta promesa anúnciasenos a nós do mesmo xeito ca a eles, pero a eles non lles valeu de nada oír a promesa, que non se xuntaron cos que a oíron con fe.