3 Avisándoos: Non levedes nada para o camiño, nin tan sequera un caxato, nin alforxa, nin pan, nin diñeiro, nin dúas túnicas por persoa.
Confía no Señor e fai o ben, vive na terra, practicando a lealdade;
Entón chamou os Doce, e empezou a mandalos de dous en dous, dándolles poder sobre os espíritos malos.
E díxolles ós seus discípulos: Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (que ides comer) nin polo voso corpo (que ides vestir).
Pois se a herba do campo, que hoxe verdea e mañá a botamos no forno, Deus a veste así, canto máis non fará convosco, homes de pouca fe!
E logo preguntoulles a todos: Cando vos mandei sen bolsa, alforxas e calzado, sentistes falta de algo? Eles responderon: De nada.
El respondíalles: O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer.
Leví ofreceulle na súa casa un gran banquete, e había moitos recadadores e outra xente sentados á mesa con eles.
Na casa onde entredes, quedade ata que marchedes.
Ningún soldado en activo se deixa enguedellar nos negocios da vida, se quere compracer ó que o alistou.