Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 9:26 - Biblia SEPT

26 Porque quen se avergonce de min e das miñas palabras, tamén o Fillo do Home se avergonzará del, cando veña na súa gloria, na do seu Pai e mais na dos santos anxos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 9:26
30 Iomraidhean Croise  

Desprezado, o máis rexeitado dos homes, varón de sufrimentos, familiarizado coa dor. Coma alguén de quen se esconde a cara, desprezado, non lle tivemos aprecio.


Porque o Fillo do Home ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a cadaquén conforme á súa conduta.


Cando veña o Fillo do Home na súa gloria e todos os anxos con el, sentará no seu trono glorioso.


Xesús contestou: Ti o dixeches. E dígovos máis: A partir de agora ides ver como o Fillo do Home senta á dereita do Todopoderoso e vén entre as nubes do ceo.


Porque quen se avergonce de min e das miñas palabras, nesta xeración idólatra e pecadora, tamén o Fillo do Home se avergonzará del, cando veña na gloria de seu Pai entre os santos anxos.


pois preferiron a gloria dos homes antes cá gloria de Deus.


Como ides poder crer vós, que vos dades honra uns a outros e non procurades a gloria que vén do único Deus?


Eles responderon: O capitán Cornelio, home cabal e adepto ó xudaísmo, moi estimado por toda a nación xudía, recibiu aviso dun santo anxo para que te mandase chamar á súa casa e que te escoitase.


Porque eu non me avergonzo do Evanxeo, que é unha forza de Deus para a salvación de todo o que cre; primeiramente do xudeu, pero tamén do grego.


E por iso gózome nas fraquezas, nas afrontas, nas necesidades, persecucións e angustias que sufro por Cristo; porque, cando estou débil, entón é cando son poderoso.


Pero a min Deus me libre de gabarme en algo que non sexa a cruz de Cristo, na que o mundo está crucificado para min como eu para o mundo.


Pídoche de corazón ante Deus e Cristo e os anxos escolleitos, que gardes estes consellos sen prexuízos e sen facer nada con parcialidade.


Por esta causa precisamente padezo estas cousas. Pero non me importa, porque sei de quen me fiei, e estou certo que é podente para custodiar ata aquel día o depósito que me confiou.


Se padecemos con el, tamén reinaremos con el. Se renegamos del, tamén el renegará de nós.


deste xeito considerou meirande riqueza as aldraxes de Cristo cós tesouros de Exipto, xa que el ollaba a recompensa.


Saiamos, logo, para fóra do campamento para nos atoparmos con el, levando nós a súa aldraxe.


Destes tamén profetizou Henoc, o sétimo despois de Adán, cando dixo: "Velaquí vén o Señor rodeado de milleiros de anxos,


Velaquí vén nas nubes, e todo ollo o verá, mesmo aqueles que o traspasaron: por el baterán no peito todas as razas da terra. Certo. Amén.


Logo vin un gran trono branco e vin quen estaba nel sentado: da súa presenza fuxiron o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro.


Os covardes na loita, os que negan a fidelidade que prometeron, os corrompidos con abominacións, os asasinos, os luxuriosos, os bruxos, os idólatras e os que fían en mentiras, terán por lote a lagoa de xofre ardendo: que é a morte segunda".


O vencedor vaise vestir así con vestidos brancos e endexamais non borrarei o seu nome do libro da vida e responderei por el diante do meu Pai e diante dos seus anxos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan