23 Despois dirixiuse a todos: Se alguén me quere seguir, que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e que me siga.
Porque, se vivides segundo a baixa condición, teredes que morrer pero, se coa axuda do Espírito mortificades as obras do corpo, viviredes.
Así que, dádelle morte a todo canto tedes de terreal: a fornicación, a inmoralidade, a paixón, os malos desexos e a cobiza, que é unha idolatría.
E tódolos que queiran vivir coma bos cristiáns padecerán persecución.
Ela ensínanos que reneguemos da impiedade e das cobizas mundanas e vivamos no mundo presente dun xeito asisado, xusto e respectuoso,
Saiamos, logo, para fóra do campamento para nos atoparmos con el, levando nós a súa aldraxe.