Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 9:22 - Biblia SEPT

22 E engadiu: Cómpre que o Fillo do Home padeza moito, que o rexeiten os anciáns, os sumos sacerdotes e mais os letrados, e que o executen, e que ó terceiro día resucite.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 9:22
24 Iomraidhean Croise  

Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza".


Érguete, espada, contra o meu pastor, contra o home que está ó meu carón —oráculo do Señor dos Exércitos—. Fire ó pastor e que se escorrenten as ovellas. Daquela volverei a miña man contra as máis febles.


Pero eu asegúrovos que Elías xa veu, e non o recoñeceron, e fixeron con el o que quixeron; do mesmo xeito tamén o Fillo do Home padecerá nas súas mans.


Andando eles xuntos por Galilea, díxolles Xesús: O Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes,


e dixéronlle: Señor, lembramos que aquel enredante, cando estaba vivo, dixo: "Resucitarei despois de tres días".


Entón, con toda claridade, empezou a adoutrinalos acerca de que era preciso que o Fillo do Home padecese moito, e que o rexeitasen os anciáns, os Sumos Sacerdotes e mais os letrados; que o ían matar, e que ós tres días había resucitar.


pois ía informando ós discípulos, dicíndolles: O Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes, que o matarán; pero, despois de morto, pasados tres días, ha resucitar.


Pero antes é preciso que padeza moito e que esta xeración o rexeite.


E logo non cumpría que o Cristo padecese todo isto, antes de entrar na súa gloria?


Logo díxolles: A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais nos Salmos acerca de min.


que cumpría que entregasen o Fillo do Home nas mans dos pecadores, que o crucificasen e que resucitase ó terceiro día.


Quédevos isto ben gravado: ó Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes.


que o sepultaron, que ó terceiro día resucitou conforme ás Escrituras


Pescudaron eles a data e as circunstancias ás que o Espírito de Cristo, presente neles, se quería referir, cando lles predicía os sufrimentos reservados a Cristo e as glorias que virían despois.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan