2 E mandounos a predicar o Reino de Deus e a sandar enfermidades,
A estes doce mandounos Xesús con estas instrucións: Non vaiades a terra de pagáns nin entredes en vilas de samaritanos;
Sempre que un escoita a Palabra do Reino e non a entende, vén o Maligno e repáñalle o sementado no seu corazón: esa é a que caeu no camiño.
Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a todos os pobos. Entón será a fin.
Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.
E díxolles: Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a creación.
Marcharon, e predicaron a conversión.
Despois disto designou o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante del a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir.
Non queremos levar da vosa vila nin o po que se nos pegou ós pés. Aí vos queda. Pero sabede que xa chega o Reino de Deus.
curade os enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus".
A Lei e mais os Profetas chegaron ata Xoán. Desde entón anúnciase o Reino de Deus, e todos utilizan a forza para entrar nel.
Pero cando a xente o descubriu, foino seguindo; el acolleunos, faláballes do Reino de Deus e curaba a cantos o necesitaban.