19 Eles responderon: Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; e outros, que algún dos profetas antigos que está resucitado.
Este comentou cos seus cortesáns: Ese é Xoán Bautista, que resucitou de entre os mortos con poderes milagrosos.
Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto, proclamando:
Como a sona de Xesús se estendía por todas partes, chegou ós oídos do rei Herodes, xunto cos comentarios que facían: "é o mesmo Xoán Bautista resucitado de entre os mortos, e por iso actuaban nel eses poderes".
Outros dicían que era Elías ou algún profeta.
Unha vez que estaba en oración nun lugar apartado, acompañado dos seus discípulos, preguntoulles: Quen di a xente que son eu?
Insistiu: E vós quen dicides que son eu? Respondeu Simón Pedro: O Mesías de Deus.
Preguntáronlle: Entón quen es ti? Es Elías? Contestou: Non son. E-lo profeta? Respondeu: Non.
e preguntáronlle: Entón por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta?
Cando oíron isto, algúns de entre a xente, dicían: "Este é verdadeiramente o Profeta".
Entón preguntáronlle outra vez ó cego: A ti que che parece ese home que lles deu a vista ós teus ollos? El contestou: Que é un profeta.