16 El, colleu os cinco bolos e mais os dous peixes, ergueu a vista ó ceo, bendiciunos, partiunos e déullelos ós discípulos, para que llelos servisen á xente.
E mandando recostar á xente na herba, colleu os cinco bolos e mais os dous peixes, ergueu a mirada ó ceo, dixo a bendición, partiu os bolos e déullelos ós discípulos, que á súa vez llos pasaron á xente.
Quen garda un día gárdao para o Señor; quen come de todo faino polo Señor e dálle grazas a Deus; e quen non come tamén o fai polo Señor e, a proba é que tamén lle dá grazas a Deus.
En canto entredes na cidade, atoparédelo. Despois subirá ó outeiro para xantar. A xente non xantará mentres non chegue, pois é el quen bendicirá o sacrificio que despois comerán os convidados. Agora subide, que deseguida o encontraredes".