Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 9:11 - Biblia SEPT

11 Pero cando a xente o descubriu, foino seguindo; el acolleunos, faláballes do Reino de Deus e curaba a cantos o necesitaban.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 9:11
21 Iomraidhean Croise  

O Espírito do Señor, Iavé, está sobre min, porque o Señor me unxiu. Mándame anunciar a boa nova ós pobres, curar os de corazón esnaquizado, proclamarlles ós cativos a liberdade e ós presos que abran os ollos,


Xesús, ó sabelo, decidiu ir para outro lado, seguido por moitos e curando a todos.


Así, cando desembarcaron, atopouse cun gran xentío. El, conmovido, curou a todos os enfermos.


Quen dos dous fixo a vontade do pai? Respondéronlle: O primeiro. Entón díxolles Xesús: Asegúrovos que os recadadores e mais as prostitutas entrarán no Reino de Deus antes ca vós.


Por iso dígovos: quitarásevos a vós o Reino de Deus, e daráselle a un pobo que produza bos froitos.


ós famentos éncheos de bens, e ós ricos despídeos baleiros.


Xesús respondeulles: Non son os sans, senón os enfermos, os que precisan médico.


Despois disto púxose a percorrer vilas e aldeas, predicando e anunciando a Boa Nova do Reino de Deus. Ían con el os Doce


El respondeu: A vós concedéusevos coñecer os misterios do Reino de Deus, pero ós outros unicamente en parábolas, de xeito que vendo, non vexan e escoitando, non entendan.


Cando volveron os apóstolos, contáronlle todo canto fixeran. E, colléndoos consigo, retirouse a unha vila chamada Betsaida.


E como empezaba a caer o día, achegáronse os Doce e dixéronlle: Despide a xente, para que vaian ás vilas e aldeas próximas en procura de sitio para se hospedaren e para que poidan tamén comprar algo que levar á boca, porque aquí estamos nun descampado.


E mandounos a predicar o Reino de Deus e a sandar enfermidades,


Xesús díxolles: A miña comida é facer a vontade daquel que me mandou e levar a remate a súa obra.


Todos os que o Pai me entregou, virán onda min; e a quen vén onda min, non o botarei fóra.


predicando o Reino de Deus e ensinando o que se refire ó Señor Xesús Cristo, con audacia e sen impedimento ningún.


Ora, como han de invocar a aquel en quen non creron? Como han de crer naquel de quen non oíron falar? Como han de oír, sen alguén que anuncie?


Polo tanto, a fe é suscitada pola predicación, e a predicación vén pola palabra de Cristo.


Pois tampouco Cristo non se compraceu a si mesmo; ó contrario, como está escrito: as aldraxes dos que te aldraxaban a ti caeron enriba de min.


pregoa a palabra, insiste a tempo e a destempo, corrixe, reprende, aconsella con toda a paciencia que require a doutrina.


Acheguémonos, con liberdade ó trono da graza, para conseguirmos misericordia e atoparmos graza para unha axuda no seu debido tempo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan