Acaso non é a verdade o que enxergan os teus ollos, Señor? Batícheslles e non lles doeu, esnaquizáchelos e non aprenderon a lección; puxeron caras máis duras cá pedra, refugaron converterse.
Os das pedras son aqueles que cando a oen, acollen con alegría a Palabra; pero, como non teñen raíz, cren por certo tempo, mais, cando vén a tentación, abandonan.