Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 8:54 - Biblia SEPT

54 Entón El, colleuna pola man e chamouna dicindo: Acorda, rapaza!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 8:54
15 Iomraidhean Croise  

non coma a alianza que pactei cos seus pais, o día no que os collín pola man para os sacar do país de Exipto; pois eles quebrantaron o meu pacto, aínda que eu seguín sendo o seu Señor —é o Señor quen fala—.


Pero el, en botando para fóra a xente toda, entrou e colleu a rapaza pola man. E ela ergueuse.


E, achegándose, colleuna pola man e ergueuna; desapareceulle a febre e púxose a servilos.


El, collendo o cego pola man, sacouno para fóra da aldea; botoulle cuspe nos ollos, estendeu as mans sobre el, e preguntoulle: Ti ves algo?


Pero Xesús, colleuno pola man e ergueuno ata que se mantivo de pé.


O chegar á casa, non permitiu a ninguén entrar con el agás Pedro, Xoán, Santiago e o pai e mais a nai da nena.


A xente facía riso del, sabendo ben que estaba morta.


A rapaza recobrou o alento e coa mesma ergueuse; Xesús mandou que lle desen de comer á rapaza. Os pais quedaron admirados;


E dito isto, gritou con voz forte: Lázaro, ven para fóra!


Pois, así coma o Pai resucita os mortos e lles dá vida, así tamén o Fillo dá vida ós que el quere.


Pedro entón, mandou saír a xente toda, púxose de xeonllos e orou; despois volveuse ó cadáver e dixo: Tabita, érguete! Ela abriu os ollos e, ó ver a Pedro, incorporouse.


conforme está escrito: púxente como pai de moitas nacións, el é pai de todos nós ante o Deus en quen el creu, o que fai vivir os mortos e que chama á existencia mesmo ás cousas que non existen.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan