5 Unha vez saíu un labrador a sementar. E ó botar a semente, parte dela foi caendo polo camiño adiante, a xente pisouna e os paxaros comérona.
Os voitres descendían á carnada, e Abram espantábaos.
Ti rexeitas os que abandonan as túas normas; a súa retranca é enganosa.
El respondeu: O que sementa a boa semente é o Fillo do Home;
Vós sodes o sal da terra. Pero se o sal se volve insulso, con que se vai salgar? Para nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.
Os do camiño son aqueles nos que se sementa a Palabra, pero cando a escoitan vén Satán e repáñallela.
Como se xuntaba moita xente, chegada de moitas vilas, propúxolles esta parábola:
Outra caeu entre as pedras, pero xermolou, secou, por non ter lentura.
Por isto temos que poñer toda a atención ó que un día oímos, non sexa que andemos á deriva.