Si, todas estas cousas fíxoas a miña man. Aí están todas elas! é o Señor quen fala. Pero hei de ollar por este, polo pobre, polo abatido de espírito e que treme ante as miñas palabras".
Oíno, e estremecéronseme as entrañas; co fragor tremeron os meus labios, a carie penetra nos meus ósos, debaixo de min cambalean os meus pasos. Espero quedo o día da angustia, cando se erga contra o pobo que nos ataca.
De maneira que, meus amigos, igual que sempre me fixestes caso, traballade con temor e tremor pola vosa salvación non só na miña presenza, senón moito máis agora na miña ausencia.