O ano trinta e nove do seu reinado enfermou do mal da gota. Aínda que a enfermidade se foi agravando, acudiu só ós médicos, sen acudir ó Señor nin sequera na enfermidade.
Cando se apodera del, tírao no chan, o rapaz bota escuma pola boca, e renxe os dentes, e fica teso. Rogueilles ós teus discípulos que o librasen, e non puideron.
Había alí un home tolleito de nacemento, que levaban e poñían todos os días cabo da porta chamada Fermosa, para que pedise esmola ós que entraban no templo.