Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 8:42 - Biblia SEPT

42 porque tiña a súa filla única de doce anos ás portas da morte. E indo para alá, a xente non paraba de apertalo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 8:42
15 Iomraidhean Croise  

Entre a mañá e a noite esmáganos, morren para sempre sen se decataren;


Pois quen sabe o que lle cómpre ó home na súa vida cos días contados do vivir efémero que esmorece coma a sombra? E quen pode informalo do que vai acontecer despois del baixo o sol?


—Fillo de Adam, velaí, vouche arrebatar de repente a alegría dos teus ollos. Non fagas dó nin chores e que non che veñan as bágoas.


E ti, fillo de Adam, o día que eu lles arrebate a súa fortaleza, a alegría da súa gloria, a ledicia dos seus ollos, e o rexurdir das súas vidas, os seus fillos e as súas fillas,


Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.


E foise con el, seguido de moito xentío, que o estrullaba.


Cando estaba chegando á entrada da vila, sacaban a enterrar a un morto, fillo único da súa nai, que era viúva; ía acompañada por moita xente da vila.


Nisto chega un home chamado Xairo, que era o xefe da Sinagoga, bótase ós pés del e suplicáballe que entrase na súa casa,


Unha muller que padecía de hemorraxias desde había doce anos, sen que ninguén a puidese curar,


Entón Xesús preguntou: Quen foi o que me tocou? Todos dixeron que eles non foran, e Pedro replicou: Pero, Mestre a xente estate apertando por todos os lados!


Isto enténdese cun exemplo: o pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a morte pasou a todos os homes e, en consecuencia, todos quedaron incursos no pecado.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan