40 Ó volver, Xesús foi recibido pola xente, pois todos estaban a agardar por el.
Feliz o home que me escoita velando as miñas portas día a día, gardando os marcos da miña cancela;
Subiu a unha barca, cruzou para a outra banda e chegou á súa vila.
Ora, se David o chama Señor, como vai ser o seu fillo? E a numerosa multitude escoitaba engaiolada a Xesús.
Pasando de novo nunha barca para a banda de enfronte, xuntouse moita xente arredor del, que estaba na beira do mar.
Pero Herodes temía a Xoán, sabendo que era home xusto e santo, e protexíao; mesmo lle gustaba oílo falar, aínda que quedase desacougado.
Pero non o atopaban, porque todo o pobo estaba moi atento ó que el dicía.
El, baixando de contado, acolleuno moi contento.
Estando el á beira do lago Xenesaret, mentres a xente se amoreaba ó seu arredor, escoitando a Palabra de Deus,
Volve para a túa casa, e conta o moito que Deus fixo contigo. E foise, pregoando pola vila enteira canto Xesús lle fixera.
Xoán era o facho que ardía e alumaba, e vós quixestes gozar un instante da súa luz.
Mandeiche recado de contado e tiveches a amabilidade de vir. Agora, todos nós estamos na presenza de Deus para oírmos todo o que o Señor che mandou.