35 A xente veu ver o que pasara, achegándose a onde estaba Xesús. Alí atoparon o home, do que saíran os demos, vestido e cheo de xuízo, sentado ós pés de Xesús; e quedaron asustados.
Por isto repartirei con el xunto cos grandes, e cos poderosos terá parte no botín, porque entregou a súa vida á morte e foi contado cos malvados. Si, el foi o que cargou co pecado de moitos e fai a intercesión polos malvados.
Eu son xudeu, nado en Tarso da Cilicia, pero criado nesta cidade, instruído ós pés de Gamaliel en todo o rigor da Lei dos nosos pais, acérrimo defensor de Deus, coma vós agora.